viernes, 24 de febrero de 2012

OBRADOIROS PARA ADOLESCENTES NO IES TOMIÑO

Este mes de febreiro a Asociación Érguete Baixo Miño comezou a impartir no IES de Tomiño, ao igual que xa fixo no IES A Sangriña durante o mes de xaneiro, diversos obradoiros dirixidos ao alumnado de 1º, 3º da ESO e PCPI, sumando un total de 237 participantes.


As temáticas a traballar cos alumnos son: Comunicación e Habilidades Sociais en 1º da ESO; Consumo e Valores en 3º da ESO; e Condutas Aditivas en PCPI.


A finalidade destes obradoiros é a de traballar directamente co alumnado para dotalos  de habilidades que lles fagan mellorar a xestión dos posibles conflitos futuros, evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas, concienciar sobre influencia da publicidade na conduta do/a consumidor/a, fomentar un consumo responsable e saudable e favorecer o espírito critico entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.

lunes, 23 de mayo de 2011


TALLERES DE PREVENCIÓN SOBRE ADICCIÓNS NO I.E.S. A SANGRIÑA

Pouco falta para rematar este curso escolar e a Asociación Érguete Baixo Miño inicia a súas derradeiras actividades escolares programadas de prevención para estes meses de maio e xuño.

Trátase de Talleres dirixidos a mozos e mozas escolarizadas pertencentes aos cursos de 3º, 4º da ESO e 1º e 2º de PCPI e con idades comprendidas entre os 15 e 20 anos. Neles participarán 171 alumnas/os do I.E.S. A Sangriña de A Guarda.

Durante estas actividades, que contan cunha duración de 5 horas con cada grupo de alumnos/as –sumando en total 50 horas-, centrarémonos nos seguintes aspectos:
-          A diversión asociada ao consumo de substancias (incluíndo alcohol e tabaco).
-          Os seus efectos e consecuencias.
-          Mitos, tópicos e falsas crenzas.
-          Práctica de habilidades de afrontamento.
-          Buscando a diversión saudable.

A finalidade do programa é evitar o desenvolvemento e a consolidación de consumos problemáticos de drogas e tamén doutros trastornos aditivos, reducir a incidencia dos diversos problemas sociosanitarios relacionados co consumo e/ou de abuso de drogas e promover a adopción de estilos de vida saudables entre os/as adolescentes que permanecen vinculados ao sistema educativo.